Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Certificados de estar ao corrente coa Seguridade Social e informes de débeda < Volver

Este servizo permite obter un certificado de estar ou non ao corrente coa Seguridade Social, así como, no caso de non encontrase ao corrente, os informes que reflicten por un lado o importe total da débeda e por outro a relación dos documentos de débeda que impiden consideralo ao corrente coa Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter un certificado de que se encontra ao corrente coa Seguridade Social ou un informe da súa débeda para os efectos de certificados; así como, en determinados supostos, aqueles que desexen obter certificados de estar ao corrente sobre outros cos que teñan unha relación xurídica.

Que permite realizar

  • Obter de forma inmediata ou diferida (en caso de que transcorrese o tempo preestablecido sen poder xerarse) un certificado sobre se o solicitante ou outra persoa física ou xurídica, sobre o que este se encontre autorizado para solicitalo, está ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, e pode obterse un certificado xenérico, sen finalidade específica, ou para unha das seguintes finalidades: subvencións ou calquera tipo de axuda; contratación coas entidades do Sector Público ou participación nos procesos de licitación; e para o suposto regulamentado no art. 42 do Estatuto dos Traballadores.

  • Obter de forma inmediata ou diferida un informe co importe total da débeda (“Informe débeda total”) e/ou un informe no que se relacionen todos os documentos de débeda do interesado que se teñan en conta para os efectos da emisión dos certificados de estar ao corrente coa Seguridade Social.

  • Tanto o certificado coma o informe poderanse gardar en pdf e imprimilos.

Hai que ter en conta

Ao pé do certificado obtido figura o Código Electrónico de Autenticidade (CEA) co que pode comprobar a autenticidade do certificado a través do Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}