Información importante sobre cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
¿Seguro que quieres cerrar la sesión?
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
Este servizo permite solicitar en nome propio ou en representación doutra persoa, por Rexistro Electrónico, o traslado da pensión a outra Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña.
A persoas que teñan recoñecida unha pensión do Réxime Especial do Mar.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no Rexistro Electrónico.
A Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña correspondente requiriralle os orixinais dos documentos que foren necesarios.
Para actuar en nome dun terceiro deberá ter un apoderamento inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos que lle permita realizar este trámite. Se carece de apoderamento vixente no citado rexistro, deberá acreditar a representación anexando o modelo normalizado de representación que pode descargar para cubrilo no apartado “documentación anexa”, ou ben achegar calquera outro documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna desta.
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Pode obter información da evolución da súa solicitude na Dirección Provincial ou Local do Instituto Social da Mariña.
Información complementaria Pasarela Dixital Única Europea
Acceso á plataforma de valoración
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Traslado de pensións a outra provincia (REM) (PDF, 3070 Kb) | 26/07/2023 |
Modelo normalizado de representación ISM (PDF, 1744 Kb) | 21/07/2023 |